sábado, 19 de setembro de 2015

A hora do repouso e do reconto

Moi próximo ao tema do tempo e ás actividades cotiás establecidas polo horario, estoutro poema:

Canción da hora de deitarse

A hora do repouso xa chegou.
Corpo e espírito están maltreitos:
os espírito sufriu, o corpo traballou
e seguen, como sempre, insatisfeitos.

A vida é dura, cruel e moi ingrata
e nós loitamos con ela dando o peito.
A vida é unha forte cadea que nos ata
a un mundo cruel, inhóspito, mal feito.

A hora do repouso ten chegado
e queremos facer certo reconto.
Repasamos os feitos con coidado.
Repasamos a vida... ¡E que morra o conto!

Mañá é outro día. E hai que durmir.
Despois do sono chega o despertar.
Mañá é outro día. Hai que vivir.
¡E, se queremos vivir, cómpre loitar!

Canciós do lusco ao fusco (1970)

Ningún comentario:

Publicar un comentario