mércores, 18 de novembro de 2015

Borrador para un poema épico

Borrador para un poema épico

¡Ouh, os heroes! Sempre os heroes
atestando libros e librotes
con feitos singulares, grandeiros,
enormes, exemplares, incríbeis!
(Libros que custan unha fortuna
e que mercan grosísismos burgueses:
dentes de ouro en abundancia,
aneles de platino e máis querida;
chalés, casas de campo;
e os volumes cheos de po
en luxosos estantes de caoba).
Dóeme a alma ao enterarme dos feitos
que os heroes realizaron;
choro ao ler con atención,
as súas fazañas gloriosísimas.
Os heroes -tantos heroes-
sombras no po,
inútil loita;
figuras de cera, decoradas
con folla de lata e purpurina.

Proba documental (1968)

Ningún comentario:

Publicar un comentario