xoves, 19 de novembro de 2015

O mar visto polo mariñeiro

Hoxe a Casa Museo de Manuel María tivo a ocasión de ver medrar o mar coa presenza de Xurxo Souto, que presentou o documental "Dos gaiteiro do mar" e achegou tamén aos asistentes o seu libro Contos do mar de Irlanda. Esta composición do poeta do mar de terra é o tal para esta data:

O mar

Fala o Mariñeiro:
A auga é unha chá longa e ancha,
sen carballos, sen gaitas.
Só o trebón mouro da noite.
O vento loitando co velamio,
ladrando como un can doente
para nos encher de medo
a min e máis á auga.
É todo o que teño que dicir:
amo o vento do Océano.
Amo a soedade, a cor da auga.
A terra sempre está lonxe
e un sinte pouco as súas soidades.
O mar é diferente: é saudade núa.
Quixera domeñar o tempo
e entrar na morte, que é o meu fogar,
polo camiño escuro do naufraxio.
Entón o meu corpo xa non sería cinza:
voltaríase espuma branca
que morrería no agarimo dunha praia
nun devalar triste, cando a tarde
afoga no mar as súas badaladas.

Mar Maior (1963)

Ningún comentario:

Publicar un comentario