domingo, 20 de decembro de 2015

Mensaxe para tal día coma hoxe

Manuel María era un home moi comprometido coa súa terra, non só en canto á súa escrita, tamén no que se refería á súa ideoloxía, tal como manifestaba en poemas coma este:

A bandeira

A bandeira de Galiza
é dun branco inmaculado
con unha banda de azul
que a atravesa lado a lado.

E no medio do azul
-cores do ceo e do mar-
a estrela de cinco puntas
como un facho a relumbrar

Esa estreliña vermella
de sangue roxa e caudal
é signo liberador
do asoballo nacional.

A bandeira de Galiza
sen a estreliña vermella
parece que algo lle falta:
¡un soño morto semella!

Vermello, branco e azul
berran na nosa bandeira
¡a nosa esperanza de hoxe
e a da Galicia vindeira!

As rúas do vento ceibe (1979)

Ningún comentario:

Publicar un comentario