martes, 2 de febreiro de 2016

Ao regato do Cepelo

O pequeno e humilde regato do Cepelo,
que nace e morre na miña propia tribo,
ten a sutil fraxilidade dun salouco,
o delicado arpexio máxico dun chío
e pasa, como unha canción de amor,
rozando e agarimando á terra lene,
pura, estremecida e alertada.
A incríbel levedade da súa auga
faise fidel espello para levar consigo
a miña imaxe: única eternidade
que a piedade dos deuses me concede.

A luz resucitada (1984)

Ningún comentario:

Publicar un comentario