luns, 29 de febreiro de 2016

Lume de choiva

Despois das longas choivas invernais,
os toxos, agresivos e feroces,
rebentan en amarelas chorimas
prodixiosas, que poñían
unha nova luz nos nosos ollos:
o mundo acadaba outro sonido
e un misterioso lume incendiaba
a nosa vida vulgar e rutineira.

Ritual para unha tribo capital de concello (1986)

Ningún comentario:

Publicar un comentario