xoves, 7 de abril de 2016

A forza da oliveira

Por dentro vas calada e consumida
por unha forza cega e poderosa.
E por fora es áspera e rugosa,
oliveira retorta como a vida.

Se a túa intimidade é sorprendida
agroma mainamente pudorosa:
faise pequena folla rumorosa
e dice unha canción leve e contida.

Vella oliveira do Val, nube e remol,
pila de cinza dun verde prata e gris:
ti estás feita de pedra, terra e sol.

Ignoras o tulipán e a flor de lis:
pro si que coñeces e amas o ouriol
e amistache co merlo e co malvís.

Sonetos ao Val de Quiroga (1988)

Ningún comentario:

Publicar un comentario