domingo, 22 de maio de 2016

O santo da fala

O San Alberto de Parga

Meu San Alberte glorioso
de San Ambreixo de Parga:
¡se o falar é moi fermoso,
a mudez é ben amarga!

Meu San Alberte querido,
eu veño á túa romería
pedirche un favor cumprido,
tan claro e bon como o día.

¡Dáme unhas verbas sinxelas
prá miña pronuncia escura
e lume para acendelas
en chamas de fermosura...!

Meu San Alberte bendito:
ben sei que me has escoitar
que mo dixo o San Benito
cando crucei Valdomar!

San Alberte milagreiro,
eres, coma min, chairego:
¡dáme un falar verdadeiro
no noso idioma galego!

Terra Chá (1954)

Ningún comentario:

Publicar un comentario