domingo, 25 de setembro de 2016

Mapa de Galiza


Un gran mapa de Galiza
pintei con moita ilusión.
¡Un mapa de miña terra,
terra da miña nación!

A unha grandísima estrela
é Galiza semellante,
¡Estrela de moitas puntas
ou un luceiro xigante!

As puntas marcan os rumos
dos máis diversos roteiros
que seguen os emigrantes
deixando pobos baleiros.

Pintei os mares de mouro
e enchín de melancolías
¡o verde das carballeiras
e o tenro engado das rías!


E púxenlle aos nosos montes
o seu color natural:
¡Manzaneda, Pía Paxaro,
Serra do Faro e Xistral...!

Nas bisbarra debuxei
unha fonda soedá:
¡Bergantiños, o Caurel,
o Ribeiro, a Terra Chá...!

E cruzando a nosa Terra
tal unha banda, o Pai Miño.
¡Banda da nosa bandeira,
guía do noso destiño...!

As rúas do vento ceibe (1979)



Ningún comentario:

Publicar un comentario