mércores, 16 de novembro de 2016

A cunca

Todas as cuncas gardan o calor
dos dedos do alfareiro e un
escuro e tépedo tremor humano
emocionado. A cunca ten senso
cando un viño nobre a enche
e a reborda. A cunca é barro
irmao daa nosa arxila feble,
ollo da noite, breve materia
quebradiza case como o soño,
pozo para afogar a dor, colo
materno das pingas do orballo,
mao para ofrecer a tenrura,
leve pucharquiña baleira.

Versos do lume e do vagalume (1981)

Ningún comentario:

Publicar un comentario