luns, 7 de novembro de 2016

Canción da hora de botar un cigarro

Calqueira hora val para pararse
a botar un cigarro e descansar
do traballo alleante, do curvarse
derriba da terra dura de labrar.

Calqueira hora é boa. Val calqueira
para botar un cigarro e unha parada
que faga a xornada máis lixeira,
máis levián, soportábel e doada.

Calqueira hora é boa. Calqueira val
para erguer a testa, encender un pito,
e tomar un respiro no habitual
traballo alleador, duro e maldito.

Canciós do lusco ao fusco (1970)


Ningún comentario:

Publicar un comentario